Nanclares 2010. Unha proa que enfila, un escalofrio na pel, un roce que é algo máis… así vai a limpa acidez, incisiva e nítida, fina e elegante, sen enmascarar con azucres nin con outros amaneiramentos doutros climats.
Os seus aromas tráenme a pavía fresca de antano, os cítricos que salpican, a flor branca da túa pel, as herbas aromáticas que nos levan á eira, e o aire suave e delicado dos polvos de tocador a recordarme o rastro do teu tacto.
Ver la crítica completa